“Morrer non é esquecer”. Antón Luaces

16 Abril 2023

Houbo un tempo no que Radio Nacional de España utilizaba como emisor o equipo donado a Franco por Hitler. Instalado no alto do monte de Santa Margarida (A Coruña) ese equipo tivo a honra de facer chegar á audiencia a xove voz dunha das máis recoñecidas e queridas figuras da radio feita en Galicia que se escoitaba no mundo enteiro: a de Pîlar Cañás, finada onte no seu domicilio coruñés aos 83 anos.

Unha voz característica, sumamente persoal, que se foi facendo plena nos locutorios de Radio Nacional de España desde o Centro Emisor do Noroeste, cuxos estudos estaban instalados na antiga sede das cigarreiras, en Catro Camiños. Voz que a propia Pilar se encargou de ir “arredondando” ata o estremo de que con tan só escoitala na radio xa se sabía que emisora sintonizabas sen ollar ao dial do receptor.

A derradeira ocasión na que compartimos locutorio e programa (xa no edificio da Terraza) foi nun estudo móbil instalado na praza de María Pita con ocasión da conmemoración dos 75 anos en Galicia de RNE. Foi unha entrevista conxunta a que nos fixo unha compañeira para que, xubilados xa ambos os dous, contaramos as nosas experiencias/vivencias nese medio radiofónico que tanto amabamos.

“Preescolar na casa” foi un programa trampolín para Pilar Cañás de RNE en Galicia, ao que seguiron moitos outros de ampla sona en Galicia, España e o mundo enteiro (neste último caso a través dos informativos de Radio Exterior de España, unha das canles de RNE): “Poetas de Galicia”. “Galegos polo mundo”, “Galegos de hoxe”, etc.,,con entrevistas de Pilar a -entre outros- Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Torrente Ballester, Valentín Paz Andrade, Antón Fraguas e un longo etcétera de persoeiros da nosa terra que nos levaron a un programa inesquecible para min -e que compartín con Pilar- en emisión nacional en Radio 5: “Pasión por América” que, coa produción de Carmen Arias-Andreu, permitíunos barallar moitas das cartas entrecruzadas na historia común de España e América (especialmente a América hispana).

Xubilada en 1998, após 36 anos de radio, Pilar Cañás, soubo encher a súa mochila cunha experiencia sumamente gratificante e que foi o recoñecemento do seu bo facer, o traballo arreo por millorar o feito, e chegar á máis absoluta igualdade cos que eramos os seus compañeiros sen necesidade de vindicar o empoderamento ou os dereitos de igualdade entre a muller e o home para chegar como chegou á xefatura de programas dun centro de radio que aglutinaba, só na Coruña, as emisións de Radio 1 (un promedio diario de 6 horas), Radio 4 (24 horas diarias de emisión) e Radio 5 (12 horas de emisión diaria), e perto de 400 traballadores distribuidos nos centros da Coruña (cabeceira territorial de RNE en Galicia), Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Monforte de Lemos e Ourense.

Pilar Cañás deixa memoria en todos os que a coñecimos, de galega e galeguista, de amiga e compañeira, de se saber responsable dun inmenso labor comunicacional que foi moito máis aló dun traballo para se converter nunha responsabilidade desde a implicación.

Moito sinto non poder sintonizarte, Pilar, na radio do Ceo que compartes xa con Marina de la Peña, con Emilio Diaz, con Enrique Mariñas, con Genebrardo Valadrón Cánovas, con Ramiro Martínez-Anido (pai e fillo), con José Antonio Vila, Luis Pita Parapar, Xosé Luis Sesto e tantos outros compañeiros, baixo o sorriso cómplice do tamén inesquecible Víctor Ruppen, esposo que soubo entender o teu traballo como poucos.

Boa Radio, Pilar, no máis alto. Estamos na túa sintonía.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.