Luns con sol e calor en toda a comarca

16 Abril 2023

Continuamos baixo influencia das altas presións con entrada dunha masa de aire cálido. Así teremos unha xornada de tempo seco, con ceos pouco nubrados ou despexados, unicamente con intervalos de nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas estarán sen cambios ou con lixeiros ascensos, acadándose novamente valores elevados durante a tarde. O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, con intervalos fortes no litoral norte; réxime de brisas pola tarde nas Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:443.6 m
Baixamar09:020.7 m
Preamar15:183.5 m
Baixamar21:190.7 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar02:343.5 m
Baixamar08:530.7 m
Preamar15:083.4 m
Baixamar21:090.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar02:403.5 m
Baixamar08:590.7 m
Preamar15:143.4 m
Baixamar21:150.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.