Presentación da candidatura e do candidato a alcaldía de Ribeira do PG

16 Abril 2023

Este sábado 15 de abril o Partido Galego ven de facer a presentación da candidatura a alcaldía de Ribeira no Ateneo Valle-Inclán do Bar Plaza. Neste acto participaron Álvaro Filgueira (secretario de comunicación), Suso Ares(coordinador xeral), Óscar Casais(secretario local), Sandra Rodríguez (membro da candidatura) e Moisés Domínguez candidato á alcaldía de Ribeira.
Álvaro Filgueira encargouse da presentación dos poñentes e Suso Ares fixo unha intervención na que introduciu os piares básicos do partido relacionando a necesidade de ter un partido forte para Galicia co desenvolvemento dos municipios galegos, como no caso de Ribeira.
Posteriormente interveu o número dous da candidatura, Óscar Casais. Na súa intervención falou da falla de capacidade de xestión do actual goberno municipal que levou a este concello a unha situación de atraso arraigado década tras década.
Finalmente interveu o candidato a alcaldía de Ribeira, Moisés Domínguez Rodríguez.
Na súa intervención Moisés Domínguez presentou a lista electoral, que está formada polas seguintes persoas.

  1. Moisés Domínguez Rodríguez. Oleiros.
  2. Óscar David Casais Montemuíño. Artes.
  3. José Manuel Martínez Muñiz. Ribeira.
  4. Andrea Domínguez Arca. Castiñeiras.
  5. Sandra Rodríguez Casais. Carreira.
  6. Nicolás Muñiz Brión.
  7. Francisco Javier Fontenla Pouso.
  8. Emilio Quintela Reino.
  9. Pilar María Ribas Pérez.
  10. Ana Belén Bargiela Rego.
  11. David Costas Fidalgo.
  12. José Manuel Tomé Martínez.
  13. Roberto Vidal Martínez.
  14. Oumayma Said Noqra.
  15. Ana María Costas Fidalgo.
  16. Alberto Bargiela Rego.
  17. Joaquín Rodríguez Casais.
  18. Antonio Mariño Pérez.
  19. María Manuela Rodríguez Ageitos.
  20. María del Pilar Maneiro Sampedro.
  21. Susana María Filgueira Rego.
    Suplentes
  22. Juana Ageitos Cameán.
  23. Rubén Darío Domínguez Rodríguez.
    Posteriormente, o candidato presentou o cartel electoral e o lema de campaña, expoñendo as liñas principais do programa electoral co que se presentará aos comicios do vindeiro mes de maio.
    Algunhas das súas propostas foron, dotar a Ribeira dunha alameda, construír unha nova biblioteca municipal e unha residencia de maiores, rematar a estación de autobuses, mellorar o centro de saúde de Ribeira e dotar dun médico a tempo completo o centro de saúde de Corrubedo.
    O partido ven de facer nestes últimos meses un importante traballo parroquia por parroquia, recollendo todas as inquedanzas dos veciños, que se concretarán nun programa electoral amplo, claro e solvente.
    Finalmente o candidato a alcaldía expresou o seu desexo e ilusión por conseguir unha Ribeira mellor pensada para todos os seus cidadáns.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.