A Pobra acende este venres o seu Nadal

04 Decembro 2019

Numerosas propostas compoñen o calendario deste venres 6 coas que o municipio pobrense dará a benvida ao Nadal. Así o deron a coñecer o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Servizos Sociais, Servizos Municipais e Benestar Animal, Estefanía Ramos; e a súa homóloga de Igualdade e Dinamización Económica, Charo Varela.

A edil Estefanía Ramos explicou que o acendido do alumeado terá lugar na praza Maior, ás 18.45 horas, para, a continuación, proceder á inauguración do Belén municipal situado na praza do Emigrante, lugar onde tamén ofrecerá unhas palabras o rexedor. O encargado de acender as luces será elixido mediante sorteo entre os nenos participantes no contacontos a cargo de Troskita que se celebrará na praza Maior, a partir das 18.00 horas. Ademais, Estefanía Ramos destacou o traballo e coordinación dos diferentes departamentos, así como de Protección Civil e Policía Local.

Pola súa parte, a concelleira Charo Varela anunciou que no Cantón da Leña estará emprazado un mercado de Nadal, composto por seis postos do comercio local dedicados á artesanía, gastronomía, obxectos de regalo e arranxos florais, entre outros. Así mesmo, explicou que contarán con obradoiros de pintacaras e purpurina dirixidos aos máis pequenos da casa. Posteriormente, haberá chocolatada e agardan “contar con todo o mundo que queira desfrutar dun día de Nadal tan estupendo.” Por outra banda, expuxo que comezarán coas actividades de Pequetroula.

Na súa intervención, o alcalde Xosé Lois Piñeiro manifestou que “a intención é favorecer o comercio local e tamén dinamizar a vida social do noso municipio a través de actividades.” Neste senso, cualificou a programación de “extensa e competitiva con outros concellos.” Así mesmo, salientou que desde que chegaron ao goberno foron incrementando o alumeado de Nadal, o cal este ano irá acompañado doutro tipo de decoración coma a que loce na fachada da Casa Consistorial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.