Sábado con nubes e claros e suba das temperaturas

14 Abril 2023

O sábado será unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica. Así, durante as primeiras horas predominarán as nubes baixas, con posibilidade dalgún orballo, co avance da mañá iranse abrindo claros e pola tarde non se descarta algún chuvasco ocasional na metade norte. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso, en xeral, sen cambios ao norte. O vento soprará frouxo de compoñente oeste pola mañá, virando a compoñente norte co avance do día.

meteogalicia

o noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:323.1 m
Baixamar07:031.2 m
Preamar13:302.9 m
Baixamar19:301.3 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:243.0 m
Baixamar06:571.2 m
Preamar13:192.9 m
Baixamar19:221.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:293.0 m
Baixamar07:031.2 m
Preamar13:262.9 m
Baixamar19:291.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.