“O Goberno, coa axuda de ERC e EH Bildu, pon un “tapón” ao desaugue dos alugueres de vivenda”. Antón Luaces

14 Abril 2023

A suba nos prezos dos alugueres de vivenda xa teñen estabelecido un tope. Este foi fixado polo Goberno español, que acadou pechar a lei de vivenda coa axuda de ERC e EH Bildu, culminando deste xeito un dos máis importantes proxectos da lexislatura que remata este ano  e do que só falta a súa aprobación polo Congreso dos Deputados, algo que acontecerá dentro dunhas semanas, cadrando -casualmente?- co comezo da precampaña das elecións municipais e autonómicas no Estado español.

A limitación na suba dos alugueres será do 3% a partir do ano 2024, que será cando remate o actual tope do 2%. A medida aprobada este xoves tenta pór remate aos incrementos “descontrolados” das rendas, cuestión esta de notable prexuizo para os alugados.

A proposta gobernativa sinala que o incremento das rendas pola actualización anual destas non poderá superar cada ano o 3%, e que a partir do 1 de xaneiro do 2025 entrará en vigor un novo índice inferior

á evolución do IPC.

A Lei de Vivenda contempla a rebaixa e a definición de “gran tenedor” de vivenda, penando a este a ter un máximo de cinco inmobles.

As comunidades autónomas poderán, en función das súas competencias e atendendo ás súas respectivas realidades, esa condición de “gran tenedor”,

Para o PSOE, o acordo é “unha conquista histórica” que resposta a unha das principais preocupación dos cidadáns garantindo o dereito a unha vivenda digna e axeitada en condicións asequibles.

Non obstante, coa aprobación  desta lei tamén bai brandes perdedores: os fondos voitres -tan criticados, por exemplo en Madrid-, a banca (nomeadamente pola utilización das hipotecas e as cláusulas solo) e os especuladores, entre outros.

O paso dado polo Goberno español tapa e topa vías de escape de meros especuladores cuxa actuación sempre foi duramente criticada polos afectados.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.