Pepo Suevos achega unha ración de humor galego este sábado en Porto do Son (e o 29 temos unha cita con Isi)
14 Abril 2023
Porto do Son vai acoller este mes de abril un dobre espectáculo de humor galego, que é tamén universal, pero cos ingredientes de retranca “marca da casa”. As dúas sesións forman parte do Ciclo de Monólogos do Concello, baixo a marca local Infinitamente Natural. A primeira será a de Pepo Suevos, o 15 de abril na Casa da Cultura de Porto do Son. A segunda será a do presentador da TVG, Isi, o 29 de abril ás 20.00 horas, desta volta na Casa da Cultura de Portosín.
As entradas pódense adquirir nos seguintes puntos:
Casa da Cultura de Porto do Son Casa da Cultura de Portosín Librería Andrea (Porto do Son) Librería Elisa (Portosín)
O Museo do Gravado de Artes (o MUGART con sede en Artes, Ribeira) ten varias actividades moi relevantes na súa axenda neste punto de inflexión entre o verán e o outono. Por unha banda segue a colleitar éxitos en Alemaña a exposición de gravados de Goya e Dalí en...
O Concello de Muros súmase dende este venres 25 de setembro á estrea dunha das películas españolas máis destacadas do ano, La bola negra, dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, gañadores do premio á Mellor Dirección no Festival de Cannes e coa película escollida...
O Goberno municipal de Ribeira continúa traballando na execución do PAI-EDIL que pon o foco no barrio de Bandourrío. O investimento público será de 10.912.880 euros, que asumirá nun 60% a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O...
Rianxo converterase o vindeiro 3 de outubro nun punto de encontro para a música, a cultura urbana e a tradición oral galega coa celebración de CeibaRimas 2026, a gran competición de freestyle improvisado en lingua galega, que conta co apoio do Concello e da Deputación...
Eran aqueles tempos nos que non todo o mundo tiña un receptor de radio na casa: principios dos anos 50 do século pasado, cando os rapaces iamos á escola "de pago" ou á pública de luns a sábado (de 9,00 a 13,00 horas e de 15,00 17,00) inclusive, sendo moitos os...
Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...