O PSOE de Ribeira esixe ao Goberno local materializar os acordos relativos ás construcións de telefonía do Rueiro de Palmeira e do Faro de Corrubedo

12 Abril 2023

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentou ao pleno da Corporación unha pregunta relativa ás construcións de subministro telefónico situadas na praza do Rueiro, en Palmeiro, e máis ao carón do Faro de Corrubedo. Segundo lembra o PSOE, no mes de xullo de 2022 aprobouse en pleno, por unanimidade, “iniciar os trámites necesarios para suprimir a construción situada na praza do Rueiro de Palmeira”. Tamén, sempre e cando isto non fora legalmente posible, acordouse “realizar as xestións necesarias para reducir en todo o posible as súas dimensións e impacto visual”. Asemade, aprobouse erradicar a torre de telefonía emprazada preto do faro de Corrubedo e, tamén, “elaborar un plan de actuación a medio prazo, no que se contemplasen as estruturas do tipo das dúas descritas que, en base ao seu negativo impacto na harmonía e calidade de vida, e na viabilidade das posibles solucións, aconsellen actuar na humanización do Concello”.

Porén, os socialistas critican que malia atoparnos xa no segundo trimestre do ano seguinte, cun ano
practicamente transcorrido e co verán ás portas, “comprobamos que, como desgraciadamente vén sendo costume, do acordo adoptado en pleno, o equipo de Goberno fixo caso omiso do acordado”.
Por todo iso, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira solicita ao Concello que conteste ás seguintes preguntas:

-“Cando ten pensado o equipo de Goberno facer fronte á súa obriga de cumprir os acordos adoptados no pleno municipal no que respecta a estes e outros casos que sendo aprobados en pleno sen levarse finalmente a cabo?”

-“Cando pensa, cando menos, informar aos compoñentes do pleno das xestións e negociacións realizadas, en caso de ter realizado algunha, e dos resultados obtidos?”


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.