O XXXIII Trofeo Ciclocross percorrerá este venres o municipio boirense

04 Decembro 2019

O Club Ciclista Barbanza, coa colaboración do Concello de Boiro, organiza para este venres 6 o XXXIII Trofeo Ciclocross, o cal se disputará a partir das 09.30 horas coas distintas categorías, estando prevista a entrega de premios para as 14.15 horas. Á presentación deste evento asistiron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro; e o técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.

A proba conta con ao redor de 400 inscritos e está aberta para as categorías Élite-Sub 23 masculino e feminino; Júnior masculino e feminino; Cadete masculino e feminino; Máster feminino; Máster 30/40/50/60 masculino; e Promoción. O presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, destacou que “na proba participan equipos de toda Galicia e tamén outros asturianos e portugueses.”

Pola súa parte, o técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande, afirmou que “o circuíto está no calendario galego e tamén nacional e é un circuíto moi atractivo ao ser moi rápido e dinámico e que moitos corredores o usan para prepararse de cara á próxima temporada.”

Mentres tanto, o edil Marcos Fajardo falou da importancia deste circuíto de ciclocross e tamén da súa beleza, pois celébrase no entorno de praia Xardín, mesturando litoral e montaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...