Golfiño dá comezo este sábado ao seu curso de monitorado de tempo libre ligado ás Illas Atlánticas (este sábado no Lustres Rivas)

12 Abril 2023

Este sábado, día 15 de abril, a empresa Golfiño Xestión de Ocio vai presentar en Ribeira (no Centro Cultural Lustres Rivas) o Curso Oficial de Monitorado en Actividades de Tempo Libre que vai desenvolver no concello. A cita será entre as 9 e as 14 horas.

O curso está incluído dentro dun proxecto elaborado por Golfiño Xestión de Ocio e que consta dunha axuda convocada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023. Golfiño foi adxudicataria desta axuda para o proxecto Coñecendo o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, ambiciosa iniciativa multidisciplinar de educación ambiental que, a través do xogo, divulga os valores e a importancia que ten o Parque Nacional das Illas Atlánticas na conservación ambiental da nosa flora e fauna.

Vista aérea da illa de Sálvora, en Ribeira, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

As actividades están destinadas a favorecer o respecto e coñecemento da natureza, a igualdade de xénero, a inclusión, o deporte, a formación e a dinamización do noso entorno. As accións previstas poñen o foco na mocidade, nas familias e nos nenos e nenas.

As actividades que imos desenvolver dentro deste proxecto son:

• Viaxar a Sálvora e a Ons para, a través de rutas guiadas por guías titulados do Parque Nacional, coñecer de preto os valores medioambientais do parque.

• Facer un campamento infantil de verán, que verse sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

• Formación específica para a poboación local, facendo un curso de monitoraxe oficial de tempo libre con especial incidencia no traballo no Parque Nacional.

• Elaboración dun menú con produtos do mar Km 0, para dar a coñecer a gastronomía local.

• Visitas guiadas pola zona de influencia do Parque Nacional, como pode ser o entorno de Couso cos illotes de Sagres.

A primeira das actividades xa convocada, e que dá inicio este sábado día 15 de abril, é o devandito Curso Oficial de Monitorado en Actividades de Ocio e Tempo Libre. No transcurso desta acción formativa traballarsae en temas medioambientais e especialmente no ámbito do Parque Nacional. Farase unha visita guiada á Illa de Sálvora e as persoas guías acreditadas realizarán unha interpretación do patrimonio natural. Amais, desenvolveranse varios xogos adaptados á nenez.

“Con este curso”, explican dende Golfiño, “crearemos unha bolsa de emprego, para que as mozas e mozos que se formen con nós poidan traballar ao longo de todo o ano e así podamos desestacionalizar o turismo sustentábel e potenciar a figura do monitor/a-educador/a”.

O resto das actividades programadas levaranse a cabo durante a época estival, para “deste xeito ter unha maior incidencia no poboación local e nas persoas que teñan a ben visitarnos”, engaden dende Golfiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.