Lousame rende homenaxe a Josefina Abeijón, veciña centenaria de Merelle

11 Abril 2023

O Concello de Lousame vén de homenaxear a Josefina Abeijón Blanco, veciña de Merelle, parroquia de Tállara, con motivo do seu cen aniversario. A alcaldesa, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, desprazáronse ata as instalacións do Centro de Día de Portobravo para entregar á homenaxeada un ramo de flores.

Alcaldesa e concelleira compartiron un tempo de encontro con Fina e a súa familia, que celebraron o aniversario cunha festa este luns 10 de abril á que asistiron numerosos familiares entre as que estaban as súas dúas fillas, o seu xenro, a súa neta política e as súas netas e bisnetas, que lle axudaron a soprar as velas do pastel.

Josefina Abeijón Blanco naceu o 10 de abril de 1923. Viviu toda a súa vida en Merelle, onde se dedicou a traballar o campo, labor que compaxinou con anos de traballo nas minas de San Finx para así sacar adiante a súa familia. De feito, estivo traballando no campo ata os noventa anos. Usuaria do Centro de Día lousamiá, atópase ben de saúde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.