O centro de FP Divino Maestro da Pobra activa un programa europeo (Erasmus+) con catro mobilidades internacionais de alumnado

11 Abril 2023

O centro de formación profesional Divino Maestro da Pobra do Caramiñal, especializado na familia profesional da FP de administración e xestión, presento ante a Comisión Europea un proxecto de curta duración de Erasmus+ baixo o título Formación en centros de traballo para promover a inclusión dende o rural a Europa. O proxecto ten por obxectivo facilitar novas oportunidades ao alumnado, máis polo miúdo para a realización das prácticas non laborais noutros países da Unión Europea.

Con este proxecto de internacionalización o centro da Pobra busca aliñar os seus obxectivos cos da escola europea, concretamente no relativo a converter Erasmus+ en dinamizador do centro, proxectar unha imaxe de calidade, mellorar a calidade da formación, ofrecer mellores oportunidades ao alumnado e profundar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS), especialmente no relativo á escola ecolóxica, inclusiva e non discriminativa.

A directora pedagóxica do centro, Chefa Bretal, referiuse ao programa Erasmus+ como “unha oportunidade para mellorar as competencias persoais e profesionais do noso alumnado. A experiencia permitiralles achegarse a novas culturas, outras linguas e outras formas de traballo que, sen dúbida, resultaralles moi enriquecedora e favorecerá a súa emrpegabilidade futura”.

Segundo explicaron os responsábeis do centro, no presente curso o programa Erasmus+ vai permitir desprazar a dúas alumnas a Italia e outros dous a Portugal. No caso de Italia as beneficiadas serán as alumnas de ciclo medio en Xestión Administrativa Iraida Sanlés e Raquel García. Concretamente realizarán as súas prácticas na cidade de Boloña, no departamento de administración dunha empresa de formación. A súa estadía en Italia prolongarase dende esta semana a finais de xuño.

No caso das mobilidades a Portugal participará alumnado do ciclo básico en Servizos Administrativos. Concretamente, participarán Ainara Figueiras e Fernando Pérez, quen se desprazarán á rexión de Oporto para traballar no almacén central da empresa de calzado Manuel Alves. Neste caso a súa formación práctica estenderase dende esta semana a finais de maio.

Segundo se fixo saber na presentación do proxecto, “dado que a totalidade do alumnado que vai cursar as súas prácticas non laborais no estranxeiro é menor de idade, será o profesorado do centro quen os acompañe nas viaxes de ida, para apoialos e para realizar as presentacións nas correspondentes empresas”. Deste xeito, a Italia desprazaranse as profesoras Chefa Bretal e Noemí Calderón e a Portugal farao a titora do ciclo básico, Beatriz Pérez. Así mesmo, durante a estadía, o alumnado continuará a súa formación lingüística no idioma local e que se está a desenvolver a través da plataforma de formación online da Comisión Europea, a EU Academy.

Por outra banda, a directora pedagóxica do Divino Maestro apuntou a que “para o vindeiro curso, temos solicitado un novo proxecto Erasmus+ que, ademais de mobilidades de alumnado, contempla a visita de expertos internacionais de Suecia e o desprazamento de profesorado do noso claustro para que poidan ver o funcionamento de centros doutros paises e mellorar a atención á diversidade que xa prestamos”.

Dende o centro de FP Divino Maestro agradecen a inestimable colaboración do director do IES da Pobra do Caramiñal, xa que foi el quen ofreceu a formación necesaria para implantar o programa Erasmus+ no noso centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.