Outes festexa o ciclo da primeira co seu tradicional Pampallín (o domingo 30 de abril)

11 Abril 2023

O Concello de Outes xa ten cartel para a nova edición (a de 2023) dunha das celebracións locais máis agardadas do ano: Pampallín. Desenvolverase o vindeiro domingo 30 de abril.

O lugar elixido será novamente a praza de Galicia a partir das 17:00 horas con actividades para a rapazada (xogos populares e tradicionais e inchábeis para nenas e nenos, todo amenizado pola música de Peque Disco Moc Moc) e xa a partir das 22:00 horas empezarán os concertos, primeiro coa ruada de Somdolilá, e logo, a partir das 23.00 horas, coa verbena do Grupo América e Ortiga e Pili Pampín, rematando o menú musical Discomóbil Chocolate.

A vertente gastronómica do evento festivo virá da man dunha polbeira.

A festa do Pampallín de Outes, para quen non o saiba, é unha celebración tradicional e histórica co-impulsada dende o Concello e a través da cal festéxase o ciclo da primavera e a purificación propiciada polo lume (representado polos fachos de palla que dende tempos inmemoriais empregaban os labregos para ver de noite).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.