A ABE retoma unha nova edición do evento innovador de presentacións Fálame Sempre

11 Abril 2023

A patronal boirense (ABE) e o Concello de Boiro van retomar unha nova edición da iniciativa de dinamización comercial Fálame Sempre, logo da pausa prolongada motivada pola pandemia. “Trátase dun dos eventos máis agardados da programación anual da nosa asociación empresarial”, sinalan dende a dirección da ABE, engadindo que se trata dunha destacada cita de innovación cos sectores locais e que nesta nova andaina seguirá apostando polo formato PechaKucha (termo xaponés acuñado polos arquitectos Astrid Klein e Mark Dytham, en 2003, e que vén designando unha metodoloxía na cal exponse unha presentación de maneira sinxela e informal mediante 20 diapositivas mostradas durante 20 segundos cada unha).

O evento, que chega á súa novena edición, está previsto para o 20 de abril a partir das 20.30 horas. Servirá de marco para presentar, baixo o dito formato de 20 imaxes e 20 segundos, cinco iniciativas innovadoras.

A temática elexía para esta edición é o turismo, a cultura eo o territorio e baixo este fío condutor iranse desenvolvendo as 5 presentacións.

A ABE lembra que a entrada é libre e gratuíta pero que “é preciso reservar asento xa que o aforo limitase a 80 butacas do salón de actos da ABE onde ao remate servirase un pincho”.

Nos vindeiros días a patronal irá desvelando os nomes das e dos participantes no evento e demais detalles desta novena edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...