As novas tecnoloxías posibilitan falar por videoconferencia con Papá Noel desde Ribeira

04 Decembro 2019

A programación informática de Nadal do Concello de Ribeira regresa por estas datas e, como novidade, este ano a Aula CeMIT brindará a posibilidade a 80 nenos e nenas ribeirenses pertencentes a dous centros educativos do municipio de falar por videoconferencia con Papá Noel, que os atenderá desde Laponia unha semana antes da súa visita na Noiteboa.

A actividade, que está promovida desde a Xunta de Galicia, terá lugar na mañá do 16 de decembro, agardando desde a Concellería de Innovación Tecnolóxica estendela a outros nenos e nenas e a outros colexios en futuras edicións.

Así o explicou a concelleira Ana Barreiro nun acto no que deu a coñecer tamén a organización dos dous cursos gratuítos que se celebrarán nas vacacións e que están orientados á rapazada do municipio no marco do Nadal Informático.

Concretamente, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, en horario de 10.00 a 11.30 horas, desenvolverase o curso Iníciate na informática, dirixido a cativos con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos, onde aprenderán a navegar por Internet, facer debuxos ou animar fotografías, entre outros contidos.

Tamén do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, pero desde as 12.00 ata as 13.30 horas, terá lugar un segundo curso denominado Retoca as túas fotos, esta vez destinado a alumnado de 11 a 14 anos.

En ambos casos, as inscricións pódense formalizar a partir do 16 de decembro na Aula CeMIT ou a través da web https://cemit.cunta.gal/es/centro/67.

Ao finalizar cada acción formativa entregase un diploma aos participantes e un pequeno agasallo sorpresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...