A Deputación financia con máis de 300.000 euros o proxecto de equipamento escénico do novo auditorio do Concello de Ribeira

10 Abril 2023

A Deputación da Coruña financia o equipamento escénico do novo auditorio de Ribeira con máis de 300.000 euros, segundo o convenio de cooperación aprobado no pleno do pasado mes de febreiro e asinado hoxe polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde, Manuel Ruíz Rivas.

O novo auditorio permitirá dar servizo a unha poboación de preto de 28.000 habitantes, para o desenvolvemento cultural e social a través de representacións teatrais, concertos, recitais, conferencias, etc. En total, a Deputación investirá o 80% do proxecto (300.788,22 euros) dun orzamento total de 375.985 euros.

O proxecto permitirá ao Auditorio dispoñer dunha infraestrutura escénica necesaria para acomodar aquelas representacións propias do inmoble grazas a un equipamento que incluirá una maquinaria escénica, vestido escénico, novo sistema de iluminación e son, na sala principal, e un sistema de vídeo-proxección na sala polivalente.

O investimento permitirá crear un sistema novidoso de maquinaria escénica de elevación proxectado para o escenario que sustentará os panos, decorados e equipos de iluminación da sala. Por outra banda, o vestido escénico contemplado no proxecto disporá dunha boca escénica formada por unha embocadura móbil con un bambalinón e un pano de grandes dimensións. En canto ao sistema de iluminación, estará composto por 4 dimmers, unha mesa de control de iluminación, oito proxectores RGBW, oito recortes LED branco e un cabreado DMX.

O sistema de son de última xeración será capaz de axustar acústica de cada espectáculo para a correcta audición dos eventos con equipos de reprodución, procesamento e amplificación. O sistema contará con altofalantes suspendidos, unha mesa de son e catro amplificadores no escenario.

Ademais, a sala polivalente contará cun sistema de vídeo proxector e unha pantalla de 15 m² cun sistema de son móbil e conexión sen fíos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.