Conta atrás para o XXXVII Rali Berberecho de Noia

08 Abril 2023

Comezou a conta atrás para a XXXVII edición do Rali Berberecho de Noia. Concretamente os motores volverán ruxir os días 14 e 15 de abril. Estes días pasados presentáronse na vila noiesa os detalles do evento deportivo nun acto que contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, do secretario e o presidente da Escudería Berberecho, Álvaro García e José Javier Rodríguez, e dos alcaldes de Noia, Lousame, Mazaricos e Outes, Santiago Freire, Teresa Villaverde, Juan Blanco e Manuel González, entre outros. Esta edición trae novidades xa o primeiro día con dous tramos.

Este ano a proba terá carácter benéfico; a Escudería Berberecho decidiu que cada 5€ de inscrición sexan para a Fundación Fundame, para seguir investigando sobre a AME, en favor de Andreas, o neno noiés que sofre esta enfermidade. Segundo se confirmou no acto de presentación, hai 120 persoas inscritas para participar no evento, unha parte importante deles naturais da contorna noiesa.

A cita comezará o venres co treito chamado “Autos Patiño”, arredor das 19.20 horas, que vén cunha distancia de 10,7 quilómetros entre Tállara e Camboño. A xornada do venres remata co tramo “Transportes El Jaime”, ás 20.00 horas, percorrendo o paseo marítimo de Noia. O sábado comeza co percorrido “Vruma Kaiaks”, que se adentra no territorio de Outes, entre as 10.00 horas e o mediodía. O seguinte trazado métenos de cheo en Mazaricos, coa distancia máis longa: máis de 14 quilómetros. Trátase do tramo “Caeiro Metal” que se celebra entre as 9.25 e as 12.40, dende o Centro de Saúde na Picota até Figueira. arrinca no centro de saúde da Picota e acaba en Figueira. O agrupamento será logo na praza do Concello. Pola tarde será a quenda do treito “Pavimentos Noia”, en Lousame, entre as 16.30 e as 19.00, con inicio en Portobravo e remate en Sampaio. Pecha a xornada o tramo “Escavacións M. Rodríguez”, entre as 16.50 e as 19.20, con percorrido pola contorna do río Tambre até o Polígono de Augalevada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.