O sábado Galicia manterase con predominio anticiclónico e moi pouco vento o que favorecerá a entrada de brétemas polo litoral. Así, continuaremos con tempo seco e ceos con nubes altas en xeral. Brétemas costeiras que serán máis mestas nas primeiras e derradeiras horas do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.

Meteogalicia
O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:09 | 3.7 m |
| Baixamar | 12:16 | 0.6 m |
| Preamar | 18:27 | 3.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:00 | 3.7 m |
| Baixamar | 12:06 | 0.6 m |
| Preamar | 18:18 | 3.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:05 | 3.7 m |
| Baixamar | 12:12 | 0.6 m |
| Preamar | 18:23 | 3.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



