Marcha atrás da Comisión Europea: non haberá prohibición de artes de fondo nas Áreas Mariñas Protexidas

05 Abril 2023

Antón Luaces.- O Comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca, Virginijus Sinkevicius, asegurou ao secretario de Estado do Mar do Goberno francés, Hervé Berville que non haberá prohibición de artes de fondo nas Áreas Mariñas Perotexidas nen en 2024 nen nen 2030. Polo tanto, o plan presentado pola Comisión non será “xurídicamente vinculante”.

O responsable francés dixo que “esta confirmación  era fundamental porque as directrices da Comisión, de se aplicar en Francia, levarían  ao cesamento total de grande parte da pesca costeira artesanal”. Falou tamén dos danos que causaría  na captura da vieira na baía de Saint-Brieuc, ostra plana na baía de Quiberon, langostino e algas mariñas no mar que natural do mar de Iroise.

Este tipo de pesca, como é sabido, emprega ferramentas que están en contacto co fondo mariño e que, segundo Berville, “demostraron que é posible conciliar a preservación dos hábitats mariños coa actividade dos pesqueiros”.

Á vista do sinalado polos responsables de pesca franceses, compre preguntarse como España, que posúe unha máis importante frota  que a francesa, non poido demostrar      o memo ca os franceses, se ben hab ería que se preguntar asimesmo si é que non soubemos nós convencer á Comisión  ou é que esta ten máis interese en atender as demandas de Francia que as de España.

Sexa como fose semella claro que hai unha evidente marcha atrás por parte da Comisión Europea que pode ter relación cos intereses franceses, pero que, de paso, beneficia á frota española, moito máis prexudicada  ca dos veciños do nor-noreste peninsular.

O eurocomisario Sinkevicius explicou que “o Plan de Acción para a Pesca Sostible presentada pola Comisión Europea só ofrece orientación aos Estados  membros”, polo que o diálogo “segue aberto”.

España e Francia son algúns dos países máis abertamente contrarios ao plan de Bruxelas para garantir a petición xurídica dos seus mares con ampliación das zonas  mariñas protexidas do 12% actual ao 30%. Ambos os países advertiron do risco de desaparición da pesca de arrastre de se producir os niveis do plan. En calquera caso, con máis evidente prexuizo para as frotas españolas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...