Volven os Mercados Eco-Lóxicos de Boiro: este sábado 8 de abril e máis o sábado 22

05 Abril 2023

Este mes de abril imos ter novas convocatorias do Mercado Eco-lóxico de Boiro, organizado polo Concello en colaboración co Foro Ecolóxico de Boiro, achegando o seu apoio en materia de información e dinamización. Celebraranse como de costume o segundo e cuarto sábado de mes, ou sexa, estes sábados 8 e 22 de abril na praza do Centro Social de Boiro de 10:00 a 14:00 horas.

Nos postos participantes poden atoparse produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

O Mercado Eco-lóxico de Boiro desenvólvese co obxectivo de “potenciar o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade co obxectivo de establecer sinerxías entre este sector e os demais establecementos de hostalaría e comercio do municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.