A Área de Cultura de Rianxo compartiu a axenda de actividades para esta primeira metade de abril: un programa variado e completo temática e formalmente (con funcións circenses, narracións orais, presentacións literarias ou contacontos para a rapazada) que inclúe non só as actividades culturais organizadas polo Concello senón as argalladas por outras entidades culturais.
MÉRCORES 05 DE ABRIL
- 19.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Pase aberto, Kaldi da compañía Al Grano. Máis información.

DOMINGO 09 DE ABRIL
- 19.00 h – Centro Social da Atalaia (Asados). Monólogo de Quico Cadaval.Entrada 5 €. Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airiños Máis información.

VENRES 14 DE ABRIL
- 20.30 h – Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Coloquio-presentación Marea Morta de Ana Lojo Chan. Máis información.

SÁBADO 15 DE ABRIL
- 18.00 h – Centro Social da Atalaia (Asados). Contacontos infantil. Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airiños Máis información.
- 19.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro familiar, Crisálida de Caramuxo Teatro. Máis información.

DOMINGO 16 DE ABRIL
- 19.00 h – Centro Social da Atalaia (Asados). Presentación do libro Airiños, 90 anos de teatro do pobo. Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airiños Máis información.



