Porto do Son acolle esta semana dúas actividades da USC (ciclo para maiores de 50 anos)

03 Abril 2023

Ao abeiro da formación universitaria para persoas maiores de 50 anos que organiza a Universidade de Santiago nos nosos concellos (o ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia), o concello de Porto do Son vai acoller esta semana dúas importantes actividades de divulgación: dúas citas que van xirar tematicamente arredor do sono e das metodoloxías que podemos poñer en práctica para garantir un máis axeitado descanso e, en consecuencia, unha mellor calidade de vida.

Desenvolveranse no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, na vila sonense.

Abril

-Día 3 | 17:00h – 18:30h
Seminario: O sono e os seus trastornos
Imparte Mónica Antelo Martelo, doutora en Psicoloxía. Profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

-Día 4 | 17:00h – 18:30h
Sesión práctica: Técnicas para conciliar o sono
Mónica Antelo Martelo, Dra. en Psicoloxía. Profesora colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.