“Crise e picaresca” – José Manuel Pena

03 Abril 2023

Mentres os diferentes responsables políticos, sindicais, empresariais e financeiros discuten por impoñer as súas teorías para atopar unha saída ao longo túnel da crise, son miles as familias humildes que malviven na economía mergullada e coas escasas axudas públicas.

Algunhas empresas xa se permitiron a licenza de poñer encima da mesa de negociación a posibilidade da redución salarial e a rebaixa de categorías profesionais así como a supresión de quendas de traballo baixo ameaza de presentar expedientes de regulación de emprego.

Algúns traballadores apenas teñen tempo a dixerir a perda de emprego para engrosar as listas do paro e engancharse á economía mergullada para facer fronte á hipoteca, ao colexio dos fillos e o poder tomarse un café cos amigos, de cando en vez.

Moitos novos e non tan novos búscanse a vida no estranxeiro pois son conscientes de que coa mesma preparación académica, en Gran Bretaña, Holanda ou Alemaña perciben un salario tres ou catro veces superior ao de España. A emigración volve ser unha válvula de escape para moitos cidadáns pero ao mesmo tempo un castigo para un país que deixa escapar a miles de mozos profesionalmente cualificados.

En España a picaresca e a especulación son armas moi utilizadas por algúns personaxes sen escrúpulos máis preocupados do seu patrimonio persoal que do benestar xeral. Así, nos próximos anos, tanto España como no resto de Europa, formasen parte dun gran laboratorio de probas para os tecnócratas, políticos e financeiros que xogasen a experimentar e poñer en práctica novas teorías económicas, sen importarlles demasiado as consecuencias.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.