O Concello de Ribeira informa do inicio dunha actuación destinada a mellorar a accesbilidade no paseo das Carolinas.
Concretamente, operarios comezaron a actuar no entorno do cruce coa rúa do Estaleiro, coa fin de mellorar o acceso a inmobles e locais comerciais alí situados, así como o tránsito peonil ao tempo que se
gaña no aspecto estético empregando materiais semellantes ao resto da vía.
A tal efecto serán demolidos os pavimentos existentes, construídas novas rampas e escaleiras, así como un pavimento de formigón continuo no ámbito do proxecto. De igual xeito, vanse formar alcorques para xardineiras e situarase liñas de saneamento e pluviais.
As fachadas afectadas polas obras de demolición serán acondicionadas.
A actuación está sendo executada por Nemesio Ordóñez, S.A., supoñendo unha inversión de 43.966 euros. O prazo de execución son tres meses.




