Barbanza Arousa patrocina a proba ciclista “II challengevolta o Barbanza A Orixe” que terá lugar esta fin desemana

30 Marzo 2023

A mancomunidade Barbanza Arousa patrocina por segundo ano a proba ciclista “II challenge volta o Barbanza A Orixe” que organiza o Club Ciclista Barbanza e que terá lugar os días 1 e 2 de abril en dúas etapas que percorrerán os catro municipios do Barbanza. Na presentación da proba, que tivo lugar esta mañá, participaron o presidente da mancomunidade e alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; a tenente alcalde de Ribeira, Mariola Sampedro; os membros da
directiva do Club Ciclista Barbanza, José Ramón Torrado e Ricardo Riveiro; e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Na proba van participar máis de 100 corredores de 20 clubs de toda a xeografía española e tamén portugueses. O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, convidou a todas as persoas a que se acheguen a desfrutar da proba.
Por parte do club agradeceron o apoio da Mancomunidade Barbanza Arousa para “poder levar a cabo unha proba como esta que acolle a corredores de todo o territorio e que se realiza en todos os municipios”.

A proba vai consistir de dúas etapas, a primeira o sábado 1 de abril con saída e chegada en Rianxo e que discorre tamén por Boiro. A segunda etapa será o domingo día 2 e con saída e chegada en Ribeira e que transcorrerá tamén pola Pobra do Caramiñal.

O presidente da Mancomunidade, José Ramón Romero, destacou que esta proba segue a estratexia da Mancomunidade de potenciación turística mediante actividades que poñen en valor a paisaxe, a natureza e a cultura.
Búscase ademais que, tanto os participantes coma os seus acompañantes coñezan o territorio, volvan noutros momentos de forma vacacional e sexan prescriptores de Barbanza Arousa entre a familia e amigos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.