O espectáculo para a rapazada Facendo o Indio recala este venres en Boiro

30 Marzo 2023

O espectáculo Facendo o Indio, unha función de teatro para público infantil e familiar, chega este venres 31 de marzo a Boiro. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro.

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeracións. Trátase un repaso á cultura das tribos de indios americanos, na que a tribo dos “pesgrandes” tenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Galitoon reivindica con Facendo o Indio a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.