Boiro vai acoller unha nova edición do curso para a obtención do certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña. A actividade vén da man da Deputación de Coruña e incorpora unha axuda económica por asistencia diaria ao curso.
Este curso trátase dunha formación dual gratuíta e certificada de 582 horas de duración de itinerario formativo.
O itinerario consta de formación específica (o Certificado de Profesionalidade), formación transversal, e formación complementaria.

Este curso, ademais de permitir a obtención do dito certificado e unha titulación oficial, achega aos participantes as seguintes acreditacións:
Certificado en Prevención de Riscos Laborais básico
Certificado en riscos laborais específicos en hostalería
Certificado de análise de perigos e puntos críticos de control
Certificado de manipulador de alimentos
Desenvolverase no Centro de Formación do Concello de Boiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
É un certificado de profesionalidade de nivel 1, polo que non se require formación específica.
Os requisitos deste curso PEL (Programa de Emprego Local da Deputación) son os seguintes: empadroamento nun concello de menos de 50.000 habitantes e ser demandante de emprego.



