O socialistas denuncian que se incumpre o acordo sobre as liñas de axudas ao sector da pesca de cerco

28 Marzo 2023

A voceira de pesca do grupo socialista, Patricia Otero, denunciou hoxe na comisión 8ª de Pesca e Marisqueo que a Xunta está a incumprir o acordo parlamentario que lles obriga a establecer liñas de axudas directas ao sector da pesca de cerco galego, ante a parada biolóxica da pesca do xurelo.
O acordo que se aprobou a iniciativa do grupo socialista recollía demandas para o goberno central
e para o autonómico. Otero insistiu en que o Ministerio de Pesca cumpriu e estableceu un acordo
cos afectados para crear ese paro biolóxico afectado e liñas de axuda directas para que subsista
durante este tempo onde non poden realizar a súa actividade, incluíndo ademais á pesca de artes
menores.
A maiores, a Deputación da Coruña, sen competencias neste ámbito, aprobou unha liña de axudas
de case 700.000 euros para os 56 barcos afectados na súa provincia,co obxectivo de pagar os
gastos á seguridade social durante o paro e evitar despidos. A institución gobernada polos
socialistas “observaron as necesidades e actuaron”, alegou Otero.
Patricia Otero criticou ao director xeral de Pesca que a súa consellería só se limitara a “actuar
como meros comentaristas da acción do goberno central sen aportar axuda algunha ao sector”.
Polo que esixiu que cambien a súa actitude a unha “máis proactiva” para apoiar o mantemento do
sector do cerco.
Ante a constante derivación de responsabilidades do director xeral e da conselleira do Mar cara o
goberno central, Otero recordoulle que “non estamos a falar de Madrid, senón de Malpica,
Portosín, Sada e Camariñas“, polo que a Xunta ten que ser responsable e aplicar axudas para a
supervivencia dun sector do que dependen milleiros de familias no territorio.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...