A “Tripla Coroa Illas Atlánticas” abre este luns o prazo de incrición para a súa segunda proba

26 Marzo 2023

O prazo de inscrición para participar na segunda das tres probas que integran a competición internacional de natación Tripla Coroa Illas Atlánticas permanecerá aberto desde mañá luns, 27 de marzo, ata o 11 de abril para aqueles deportistas que xa participaron na primeira proba. No caso do resto de nadadores, as inscricións faranse entre o 12 de abril e ata que se esgoten as prazas.
Haberá en total 140 prazas dispoñibles, que poderán solicitarse telematicamente a través da páxina web championchipnorte .
Cómpre subliñar que esta proba se enmarca na terceira edición da Tripla Coroa Illas Atlánticas, unha das competicións de natación máis duras e longas de Europa coa que colabora a Xunta e que reúne en Galicia a deportistas de toda España e doutros países.
A carreira programada para este ano disputarase o vindeiro 9 de setembro e discorrerá entre a Illa de Sálvora e Ribeira, un tramo cunha distancia total de 19 quilómetros.
Concretamente, os nadadores sairán da praia do Almacén, en Sálvora, e pasarán polo illote Areoso (A Illa de Arousa) e a illa da Rúa (Ribeira), ata chegar á praia ribeirense de Coroso, onde estará a meta.
Premiarase aos tres primeiros clasificados en cada categoría —absoluta masculina e absoluta feminina e sen neopreno masculina e sen neopreno feminina—, e a inscrición incluirá servizos como o traslado en barco ata a saída e regalos conmemorativos.
Así mesmo, esta terceira edición da Tripla Coroa inclúe varias novidades con respecto ás anteriores, como a obrigatoriedade do uso da boia para todos os participantes e a incorporación do sistema de localización por GPS, o que permite realizar un seguimento en tempo real da posición de cada nadador. De igual xeito, a organización poderá autorizar a participación sen neopreno en casos excepcionais, se os deportistas acreditan ter experiencia en percorrer distancias longas sen este tipo de traxes.
Tripla Coroa
A Tripla Coroa Illas Atlánticas é unha competición de carácter internacional integrada por tres probas de natación de ultrafondo a disputar no período 2022-2024 e cun percorrido total de 57 quilómetros.
A primeira das carreiras desta terceira edición tivo lugar o ano pasado entre Cíes e Baiona —un tramo de 15 km— e contou coa participación de máis de 160 nadadores, dos cales 139 completaron o percorrido. Logo da proba prevista para o vindeiro mes de setembro, en 2024 celebrarase o último reto desta competición, que será tamén o de maior distancia.
Así, o vindeiro ano os participantes deberán percorrer a nado os 23 quilómetros que separan a Illa de Ons e a localidade pontevedresa de Combarro.
Ademais do aspecto puramente deportivo, cómpre subliñar que o obxectivo da Tripla Coroa Illas Atlánticas tamén é dar a coñecer a riqueza natural do único Parque Nacional de Galicia, promocionar as Rías Baixas e consolidarse como unha das probas de natación de referencia en toda Europa, axudando a visualizar que é posible lograr un equilibrio entre os usos sostibles dos espazos naturais e a súa imprescindible protección.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.