A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou unha nova campaña para esta vindeira Semana Santa, co obxectivo de dinamizar as compras esta tempada a nivel local. Trátase da campaña Pascua no Comercio Local, que inclúe un sorteo de vales de compra por valor de 150 euros, dispoñíbeis para todas aquelas persoas que adquiran produtos e servizos nos establecementos de proximidade. A campaña que conta co apoio do Concello de Ribeira e da Xunta, desenvolverase dende o 27 de marzo até o 10 de abril. Quen precise máis información pode obtela na páxina web da Asociación de Empresarios de Ribeira.




