Os concellos da ría de Muros e Noia estrean páxina web turística

24 Marzo 2023

A ría de Muros Noia conta dende este venres 24 de marzo cunha renovada e ampliada páxina web, destinada a facilitar o contacto permanente dos internautas, estean onde estean, coa totalidade do sector turístico da comarca e cos seus múltiples tesouros naturais, paisaxísticos e culturais. O sitio www.riademurosnoia.com foi dado a coñecer este venres por Teresa Villaverde, presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame.

Teresa Villaverde fixo fincapé na funcionalidade da nova web, que será unha canle de referencia dos concellos que integran a ría (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) e das súas empresas e entidades turísticas coa comunidade de viaxeiros do mundo. Tamén puxo o foco na intranet da web, que permitirá ofrecer aos turistas “unha información actualizada e atractiva sobre este destino turístico” e “a propia información dos establecementos hostaleiros, de restauración e de turismo asociados”.

“Poremos en marcha listas de distribución de WhatsApp, correos electróincos e a propia intranet da web para que a comunicación cos distintos actores turísticos da nosa contorna sexa o máis fluída posíbel”, asegurou Teresa Villaverde, quen aproveitou tamén para agradecer o traballo realizado polas empresas que desenvolveron o sitio e polas numerosas persoas que colaboraron na recollida dun gran volume de información e contidos para a páxina.

Tres seccións

O novo site está estruturado en tres seccións principais. A primeira é a Sección Profesional, que inclúe unha intranet privada para as comunicacións entre as entidades do sector turístico da ría. A maiores, inclúe o tradicional apartado institucional no que se inclúen información sobre a ARD ría de Muros Noia (composición, estatutos, convenios, actas das asembleas…) e unha sala de prensa con información sobre a asociación e materiais gráficos para os medios de comunicación.

A segunda sección está dedicada ás Redes Sociais: Instagram, Facebook e YouTube. Unhas redes que cada día consolídanse como as canles máis habituais de comunicación da ría de Muros Noia cos turistas e cos propios veciños e veciñas da comarca.

Finalmente, a terceira sección está orientada directamente a fomentar a chegada de turistas e visitantes. Unha sección que estará en permanente actualización para ofrecerlles propostas diferentes para visitar o destino, dende recomendacións para cada época do ano ata consellos para planificar a estancia na zona: como chegar, onde durmir, onde xantar e un directorio de teléfonos de utilidade.

A maiores, a web actualizarase continuamente con ideas para Que facer na visitas, incluíndo un Top 10 coas propostas estrela seleccionadas dos distintos municipios, un apartado de rutas de sendeirismo e BTT, un detallado percorrido polas praias, miradoiros e todo o que se pode facer sobre a ría. Todo isto complementarase con información individualizada sobre os atractivos turísticos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...