O parque infantil de Arrochela no porto de Palmeira será ampliado

22 Marzo 2023

Dende o Concello de Ribeira informan do comezo das obras dirixidas á ampliación do parque infantil de Arrochela, en Palmeira, situado moi preto do paseo Plácido Betanzos, fronte á zona portuaria.

Este recinto de xogos é un dos máis empregados na localidade, polo que se detectou a necesidade de proceder á súa ampliación para satisfacer a demanda actual. Indo á obra en cuestión, prevese a demolición da xardineira que o circunda e parte do pavimento de lastras (adoquín) da praza onde se sitúa, gañando así un espazo que permitirá instalar novos xogos que complementen aos existentes.

Asemade, estenderase unha capa de caucho continuo nas áreas de seguridade e céspede artificial na superficie restante. Engadir que esta actuación está sendo executada pola empresa Construcciones

Anspal, S.L., e supón un investimento de 39.798,05 euros. As obras terán unha duración de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.