O Concello de Boiro recibe un desfibrilador para o servizo de Protección Civil e Emerxencias

21 Marzo 2023

O Concello de Boiro vén de recibir un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) para o servizo de Protección Civil e Emerxencias. O concelleiro, Marcos Fajardo, acompañou na mañá deste 21 de marzo ao coordinador do servizo, Nacho Pérez, e outros membros da agrupación á recepción e xornada formativa do dispositivo que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública.

O Servizo de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro presta servizo durante 24 horas e os 365 días do ano para a atención ás emerxencias derivadas do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, da Garda Civil a Policía Local ou particulares; colaboran en accidentes, incendios urbanos ou forestais, asistencia ou auxilio a persoas ou colaboración en actividades e probas deportivas do concello ou en colaboración con outros concellos.

A agrupación conta na actualidade con 36 voluntarios activos que colaboran nos distintos operativos. “O servizo de Protección Civil e Emerxencias fai un labor fundamental en atención a emerxencias, polo que é necesario seguir aumentando e mellorando o material do que dispoñen para prestar un mellor servizo”, afirmou o concelleiro.

O Concello de Boiro recibe o material mediante unha subvención de vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia, no marco das subvencións que teñen como finalidade adxudicar equipos de emerxencias e que están co-financiados polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional, no marco do programa operativo FEDER-Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.