O Concello de Ribeira, Rinoceronte e Barbantia presentan as Sátiras de Horacio traducidas ao galego o día 24

18 Marzo 2023

O Concello de Ribeira, a Editorial Rinoceronte e a Asociación Cultural Barbantia organizan este mes de marzo o acto presentación do libro Sátiras, de Horacio, na tradución de María Margarita Fernández Gómez. O acto celebrarase o vindeiro venres, 24 de marzo, ás 20.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Intervirán no acto:

– María Sampedro Fernández, Concelleira de Cultura
– María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia®
– Moisés Barcia, editor de Rinoceronte Editora
– Raúl Gómez Pato, director da colección Vétera
– María Margarita Fernández Gómez, tradurora das Sátiras

Barbantia lembra que este mes o suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 183 sairá do prelo o sábado, 25 de marzo, conxuntamente con La Voz de Galicia.

Sátiras (ficha de Rinoceronte)

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade a súa corrección.

A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuencia dos versos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia

—

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.