“O sector eólico mariño defende os seus intereses económicos cargando sobre os da pesca”. Antón Luaces

18 Marzo 2023

Defenderse é un dereito e a este acóllese o sector das eólicas mariñas que, a través do Foro Eólico Mariño (plataforma que se confesa “con vocación social e participativa”) confesa ter como obxectivo “aglutinar o interese común de actores sociais e económicos, académicos e de investigación tanto públicos como privados” en torno a unha mesma fin: dar pulo aos proxectos eólicos mariños nas costas españolas como sector estratéxico e tractor do progreso social e económico de España.   

Este foro enxerga os intereses de máis de 265 organizacións que participan dun ou doutro xeito no desenvolvemento da eólica mariña en España: fabricantes, promotores, empresas da cadea de valor, sindicatos, estaleiros, portos, colexios profesionais, universidades, centros tecnolóxicos e de I+d+i, asociacións e profesionais. Unha entidade este Foro que asegura ter tras sí máis de 100.000 empregos, ningún deles -que se saiba- ligado ao sector pesqueiro.

Nun comunicado difundido días pasados, o Foro defendía a súa idea de instalar 3.000 megavatios de potencia eólica frotante fronte ás costas de España en 2030, proposta que, como é sabido corresponde ao Goberno, e que este xa mandou vai tres anos un Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima no que estabelecía ese horizonte (entre 1.000 e 3.000 megavatios de potencia eólica mariña) como obxectivo 2.030 para España. O sector dixo estar listo para asumir a empresa, e o Goberno deu o seguinte paso ao elaborar os Plans de Ordenamento do Espazo Marítimo (POEM) que ordena máis dun millón de quilómetros cadrados de augas territoriais españolas xa aprobados e que priorizan a defensa nacional, a conservación do medio mariño e a navegación mariña, deixando tamén fora de discusión a defensa do medio ambiente e a navegación marítima así como a discusión por canto a defensa do medio ambiente é prioritaria. O Goberno entende que a prioridade debe estar sempre do lado dos navegantes.

A futura actividade eólica mariña  está restrinxida, a día de hoxe, a 19 polígonos ubicados fronte a 8.000 quilómetros de costas españolas. Estes 19 polígonos suman 5.000 quilómetros cadrados, menos do 0,05% das augas ordenadas, pero nas que se deberán instalar 200 aeroxeradores de 15 megavatios de promedio cada en seu. Deste xeito, en 2030 bastaría con 200 muiños para obter o obxectivo estipulado: 3.000 megavatios, que ocuparán o 0,09% das augas españolas pero obrigarían a perder o seu posto de traballo a non menos de 10.000 mariñeiros.

Malia todo a industria eólica mariña mantén que os seus parques eólicos “beneficiarían á industria pesqueira” porque “constrúen arrecifes artificiais que atraen vida” (nada din os promotores da idea de que espantan aos peixes e que poden  prexudicar a existencia de aves e mamíferos mariños); benefician os portos, estaleiros e a súa contorna porque dan pulo  á actividade industrial e, deste xeito, á creación de emprego e o desenvolvemento de zonas en moitos casos en situación  socioeconómica crítica; e benefician o coñecemento e a conservación do patrimonio natural (algo que custará moito traballo crer dada a experiencia da eólica terrestre en comunidades como a galega).

Unha resolución gobernativa posterior (a Declaración Ambiental Estratéxica) formula a declaración ambiental  dos POEM e elimina a categoría de uso prioritario  para a enerxía eólica mariña , algo que non se correspsonde coa realidade actualmente; reduce en máis dun 38%   as zonas compatibles cos parques eólicos mariños inicialmente identificados no borrador para, ao parecer, “facilitar a coexistencia coas actividades pesqueiras” e reducir esas zonas en varios casos para minimizar a interacción dos parques nesa zona coa pesca de fondo: arrastre, palangre e enmalle na zona Noratlántica.

Moito por debater, ainda.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.