O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego 2022-2023 que desenvolven os concellos de Boiro e A Pobra rematou a formación en Preparación de peixes e mariscos. O curso tivo unha duración de 40 horas e nel participaron 15 alumnas do programa.

O obxectivo desta formación foi, en palabras dos concellos, “adquirir as competencias profesionais para coñecer e diferencias os diversos peixes e mariscos e as súas propiedades; limpeza de materia prima e preparación da mesma para a venda e a realización de elaborados, aplicando as medidas de hixiene e seguridade alimentaria regulamentarias, así como o envasado e conservación alimentaria”.
A formación do PIE deste ano dirixiuse exclusivamente a mulleres e nela participan un total de 100 persoas. A edición 2022-2023 realizase a través dun colaboración do Concello de Boiro co Concello da Pobra do Caramiñal e está financiado pola Consellaría de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.




