O meu bisavó presentouse no Museo Valle-Inclán

02 Decembro 2019

O pobrense Auditorio do Museo Valle-Inclán acolleu na tarde do sábado 30 a presentación de O meu bisavó, un relato breve inspirado na Galicia campesiña, editado en galego e ilustrado. Esta edición contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O acto contou coa presencia de Antonio González Millán, coordinador e director do Museo; Rocío Viéitez Ferro, tradutora; Héitor Picallo, ilustrador; Martiño Picallo, deseñador; Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra; e Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta na Coruña.

Ovidio Rodeiro destacou que grazas ao esforzo de todo o equipo implicado neste proxecto, “logrouse definir un produto editorial de gran calidade, respectuoso co texto orixinal levado á versión galega, moi visual polas súas imaxes icónicas e cun deseño moi refinado.”

Así mesmo, o representante do Goberno autonómico informou que tras o éxito desta edición “a satisfacción de todo o equipo levounos a plantexar a creación dunha colección de relatos vallinclaniamos levados ao galego, da que este libro será o seu primeiro volume.”

Esta actividade enmarcouse na programación da vixésimo primeira edición das xornadas de homenaxe a Valle-Inclán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.