“Os aeroxeradores mariños afectan de xeito forte e irreversible á fauna”. Antón Luaces

15 Marzo 2023

Ata o de agora non  eran máis que suposicións, pero xa hai evidencias: Josep Lloret, biólogo mariño e pesqueiro da Universidade de Girona, é o autor dun estudo pioneiro sobre a eólica frotante que conclúe que os parques de aeroxeradores no mar supoñen un risco ecolóxico e socioeconómico “enorme” para especies e áreas vulnerabeis, e que nestes casos, “os riscos superan os beneficios”. Engade, malia todo, que de se instalaren alonxados de zonas sensíbeis, non suporían un  problema, sempre que se estuden as zona ao detalle e se realicen tarefas de prevención e monitorización.

Explica o biólogo que, de encher quilómetros de costa de cadeas e áncoras, arrasarían o fondo mariño,  causando un dano irreversible para as pradeiras de algas , acabando co hábitat das especies da zona. A maiores, os peixes de máis tamaño poden colidir cos elos das cadeas cuxan lonxitude rolda o metro de envergadura, e un temporal forte -que en Galicia nunca faltan, como é ben sabido- ou un incendio nos muiños poderían romper o aparello e guindar ao mar a maquinaria.

Contempla asimesmo ese informe  o ruido que xeran os “muiños” e as cadeas submariñas (que é o principal problema que denuncian  os pescadores portugueses de Viana do Castelo, onde xa hai instalados algúns). Non é menor o dano  que causa a electricidade producida polos aeroxeradores e que transporta por cable a unha subestación mariña unha plataforma ligada ao fondo, da que sae un cable de alta tensión ata a beira do mar que emite un campo electromagnético ao seu arredor que xa demostrou que tamén espanta aos peixes.

Como é sobradamente coñecido, España aínda non  ten instalados aeroxeradores mariños, pero xa están aprobados un total de 19 polígonos ou cuadrantes a instalar na zona noratlántica que afectan especialmente a 300 caladoiros considerados como indispensables para os máis de 4.000 barcos que faenan no caladoiro nacional Atlántico-Noroeste.  A metade deses cuadrantes atópanse fronte das costas de Galicia e Asturias.

Pero sí existe no norte de Portugal, perto polo tanto de Galicia, un  pequeno parque eólico ao que os mariñeiros de Viana do Castelo responsabilizan da “desaparición” de peixes da zona “ocupada” polos aeroxeradores e arredores desta.   

Un membro da directiva da organización de pescadores de Viana, Portela Rosa, declarou que vai tres anos que se instalaron alí os muiños e “desde entón, os peixes desapareceron unha milla darredor do parque. E son tan só tres os aeroxeradores instalados, con apenas 30 metros de altura, cando os que se prevén no Cantábrico e Noroeste terán entre 180 e 250 metros.

En Portugal láianse do dano: o ruido das máquinas espantan o peixe, perderon 11 quilómetros cadrados de caladoiros e ainda pretenden ampliar esa zona ocupada a máis de 600 quilómetros cadrados,

Na área prevista na zona noratlántica española péscanse especies peláxicas moi sensibles como a sardiña, o bocarte ou a xarda -entre outras- e o impacto nos caladoiros dos aeroxeradores mariños que se anuncia van ser instalados a curto prazo e sen dispoñer da máis mínima información ao respecto, semella sumamente prexudicial para o sector pesqueiro. E non se albisca posibilidade algunha de conciliación de ambos os obxectivos -eólica mariña e pesca- porque para que un se faga realidade, o outro debe desbotarse. Polo tanto, non queda outra que elixir. Polo menos mentras non se dispoña de información seria, irrebatible, que demostre a posibilidade da coexistencia.

Vai permitilo o Goberno, van seguir calando a Xunta de Galicia, o Principado de Asturias, o goberno cántabro, o lendakari basco?…Por que calan os ecoloxistas, a Comisión Europea?. Quen ou que patrocina o silencio, a quen beneficia este?.

VALE MÁIS A FROTA DESPEZADA QUE PESCANDO?.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.