A Semana Santa de Boiro retoma o pregón e a cea de confraternidade

15 Marzo 2023

O Concello de Boiro adiantou este mércores 15 algúns detalles da axenda de actividades desta Semana Santa no termo municipal. A información sobre o programa, organizado pola Irmandade do Cristo da Misericordia en colaboración coa Administración local, foi dada a coñecer pola concelleira de Cultura, María Outeiral, a irmá maior da entidade relixiosa boirense, María José Figueroa, e o párroco de Boiro, Julio Cárdenas.

Os actos comezan o vindeiro sábado 25 de marzo, Sábado de Lázaro, co pregón e prolónganse ata o Domingo de Pascua, o 9 de abril. “Retomamos a costume do pregón, que terá cea de confraternidade, e haberá actividades durante todos os festexos”, afirmou a irmá maior, María José Figueroa.

O párroco de Santa Eulalia de Boiro, Julio Cárdenas, agradeceu o traballo que hai detrás da organización dos actos “que recuperan todos os detalles de antes da pandemia para recuperar as costumes da parroquia”.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, reiterou o apoio do Concello á directiva no seu traballo en organizar os actos da Semana Santa “un momento que supón unha dinamización do noso municipio, tanto para o turismo como o comercio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...