Este martes retoman o operativo para reflotar o narcosubmarino atopado en Arousa

13 Marzo 2023

O grupo especial de actividades subacuáticas da Garda Civil realizou unha primeira inmersión para  intentar acceder ao interior do narcosubmarino, pero foi imposible, polo mal estado do mar.  O vento e as ondas impediron entrar e tamén a reflotación para trasladar o somerxible a porto. O operativo, presúmese, será complicado. 

“Os mergulladores da Garda Civil baixaron e tomaron unha primeira impresión da situación en que se atopa para conxuntamente deseñar o operativo que sexa máis axeitado para poder reflotalo o máis rápido posible”, comenta Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra.

O narcosubmarino é de fibra de vidro ten uns 15 metros de eslora. Está practicamente afundido, só unha parte asoma á superficie. Foi un mariñeiro quen o avistou e avisou os servizos de urxencia. O somerxible está moi preto de terra, a unha milla de Vilaxoán, que son case dous quilómetros.

“Está transversal, unha parte importante do somerxible está afundido nunha zona que ademais ten moito lodo. Están vendo de que maneira poden atalo para que se poida elevar sen que sufra ningún tipo de deterioración”, relata Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra.

A investigación acaba de empezar e polo momento non transcenderon datos sobre a tripulación e o alixo que puido transportar. Unha das hipóteses é que chegara procedente de América do Sur e que descargara a droga antes de botalo a pique.  

“Ver que relación pode ter este submarino con operacións antidroga nas que levan traballando desde hai tempo tanto a Policía Nacional, como a Garda Civil e Aduanas”, afirma Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra.

O que parece que teñen claro os investigadores é que está relacionado coas narcolanchas que apareceron hai un mes en praias de Ribeira, na outra beira da ría de Arousa. Este sería o segundo narcosubmarino que cruzou o océano. Os dous chegaron a Galicia. O primeiro fora localizado na costa de Aldán en 2019.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.