Proseguen os traballos para solucionar a turbidez da auga en vivendas da Pobra

13 Marzo 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal tivo coñecemento nesta fin de semana dun problema no servizo de abastecemento. “A entrada masiva de auga con turbidez alta na captación do río Lérez, o cal subministra o depósito de Cadreche, afectou numerosas vivendas do termo municipal”, informaron fontes do Consistorio, que engadiu a arestora a empresa concesionaria continúa coas tarefas de purga da rede para solucionar definitivamente esta circunstancia. A maiores, atópase instalando un dispositivo de control da turbidez para evitar que se produza un novo episodio. O Concello engade que “se nalgún fogar prosegue saíndo a auga turbia, resulta preciso pórse en contacto co Departamento de Avarías no 900201250 e encargaranse das xestións pertinentes”.

Ademais, persoal do Concello e da propia empresa realizaron as pescudas necesarias para identificar a orixe do problema e barállase como única opción a relación cos traballos de extracción da madeira queimada do incendio de agosto, que ocasiona movemento no solo e o desprendemento de terra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.