“Biodiversidade, hábitats mariños e caralladas varias”. Antón Luaces

11 Marzo 2023

Este 11 de marzo é, diante da delegación  do Goberno en Galicia, día e punto de encontro para os moitos cidadáns, especialmente os que viven do mar, que sinten como o seu peito rexistra de xeito excepcional os latexos que, desordenados, provocan desde cada un dos puntos cardinais,  os aeroxeradores do noratlántico de Iberia, unha terra que lambe as súas feridas porque nunca soubo defender o mar. O SEU MAR. O mar do que viven e no que moitos morreron, morren e seguirán morrendo.

Estás fartos de non ter peso no sector e non lle dan importancia aos quilos persoais porque saben por propia experiencia que ”o seu” non é unha cuestión de  arrobas, de quilos, de ferrados, senón de reivindicación, de fé sen esperanza nen caridade; é cousa de dicir, altlo e forte, basta!. Que o mar non é de interese exclusivo verde ou azul, non é das eólicas mariñas, da minería mariña nen das terras raras que subxacen onde os afogados non teñen paranza. Nen a van ter, porque o mar -cada vez con máis altura- é de menos mariñeiros ao tempo que o é de poucos -uns poucos- que apostan as súas fortunas a rutas moi estudadas que se non  é hoxe será mañá quen de amosar rendibilidade (por máis que os pescadores sigan sen reclamar mellores salarios -polo menos, salarios-) . Rutas que, ao igual que en terra, se parcelan e delimitan con muiños que moen e remoen o vento e estipulan marcos que ninguén se atreve a mover.

O mar zonifícase, “poligonízase”, parcélase, delimítase, adecúase ás circunstancias para que a eólica mariña impere e os grandes das máis grandes empresas eléctricas “pranten” no mar “bosques” metálicos que non darán peixes, matarán aves e paxaros, dispersarán cetáceos que acabarán coas súas vidas varados en calquera Praia convertendo o toxo en espiñas podres polo veleno de quen non ten interese por cambear a situación. A eles váilles ben así e os mariñeiros de toda a vida  fan cálculos e teoremas sobre cando se van xubilar e ata cando a arcas das pensións lles vai permitir turrar do aire cada día.

Ë moi posible que este sea o sábado da xente do mar porque, por unha vez, semella que a maioría dos afectados polas eólicas mariñas van ir a unha. O sábado non é día de pesca n a baixura nen de venda para ninguén dop sector pesqueiro. Non se pode alegar, polo tanto, que o traballo chama, demanda, reclama. É moi factible que a concentración na praza de Ourense, na Coruña, entre as 12,00 e as 13,00 horas, sexa importante. Van estar alí os representantes das confrarías galegas e asturianas, tamén os mariñeiros portugueses (que xa saben o leite que dan as eólicas), os armadores, as organizacións de toda caste que viven de e para o mar… e ata os que senten medo polo futuro por máis que non sexan mariñeiros dirán que o seu é un sí ás eólicas, pero non así. É posible qwue mesmo alguén se pregunte por que non hai eólicos en Madrid e a min sáeme da alma dicir que para que van ter aeroxeradores por aló se xa os teñen en Galicia ao seu servizo, afeito como está o Goberno a que a corrente eléctrica sexa servida desde o norte e noroeste. Parvos serían.

Verémonos, logo, na praza de Ourense, na Coruña, para defender o de todos.

Outros artigos

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

+

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...