Adxudicada a renovación das liñas de auga potable e pluviais na Ameixida para dar solución ás avarías en Castiñeiras

10 Marzo 2023

O Concello de Ribeira informa de que foi a adxudicada a actuación consistente na renovación da liña de auga potable e a instalación de pluviais no lugar da Ameixida, situada na parroquia de Castiñeiras.

A actuación recaeu na empresa Excavaciones Nima, S.L., comportando unha inversión de 86.305,48 €. Trátase dunha intervención moi agardada pola veciñanza moi esperada pola veciñanza pois vai permitir dar solución ás avarías que con relativa frecuencia se producen nalgúns puntos da parroquia de Castiñeiras ao romper a actual tubaxe de fibrocemento.

Para alcanzar este obxectivo vanse substituír as tuberías existentes por outras tres: unha de PVC de alta densidade e 160 mm. de diámetro na marxe dereita; outra de polletileno de alta densidade de 0,75 mm. de diámetro, na marxe esquerda; e unha última de PVC 0 125 mm de diámetro, nun cruce, para o cal será necesario a instalación de maquinaria para perforación horizontal dirixida.

No relativo á rede de pluviais, dispoñerase pola beirarrúa da marxe dereita da estrada un colector de PVC corrugado SN-8 de 315 mm e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado.

Os pavimentos de ambas as marxes da estrada serán renovados, cunha subbase de zahorra e unha capa de acabado de mestura bituminosa en quente. As beirarrúas repoñeranse co mesmo pavimento (baldosa hidráulica).

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.