Este sábado 11 de marzo ás 17 horas realizarase a 5ª entrega dos Premios “Barca de Sálvora á Muller Galega 2023”.
Esta distinción lembra a memoria de Cipriana, Josefa e María, máis coñecidas como ‘as heroínas de Sálvora’, por participar do rescate de decenas de náufragos do buque Santa Isabel que se afundiu preto das costas de Ribeira en 1921.
Nesta oportunidade recibirán “A Barca” as Sras. Carmen Miñonez Suárez (A.B.C. do Partido de Corcubión), Celia Otero (Centro Lalín A Golada e Silleda de Buenos Aires) e Beatriz Carballo Regueira (Asociación Civil Hijos do Concello de Zas).
Nesta ocasión realizarase unha homenaxe á Sra. Marta Aveza Queiruga, primeira muller Presidente do Centro Galego de Avellaneda, falecida en funcións o ano pasado.
Acompañarán o Corpo de Baile e Gaitas da Institución e do ABC Partido de Corcubión, e contarán coa presenza de autoridades da Colectividade e da Localidade.




