Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou para ser debatida en pleno un rogo relativo á rúa Sidreiras e as obras de saneamento e pavimentado das que está sendo obxecto. Segundo indican, se ben estes traballos eran necesarios e veñen sendo demandados dende hai anos, achegaron (tras unha visita ao lugar dos representantes do grupo) “unha mala execución da canle transversal de desaugue, a altura do inmóbel número 99, sen reixa protectora na arqueta realizada, o que pode provocar atascos continuos na tubaxe”, sinalaron. En virtude deste feito, solicitan o seguinte:
– Unha revisión da situación sinalada, por se houbese unha tara.
– A colocación/realización dunha arqueta/embornal con reixa metálica.
-A limpeza da canle anexa á parcela 203, polígono 6.

Foto da situación actual do desaugue en rúa Sidreiras.



