A Pobra retoma o Pasabares do Carme do Castelo con máis de vinte grupos e unha trintena de locais

09 Marzo 2023

A música tradicional será a gran protagonista do día 18 de marzo coa quinta edición do Pasabares
que promove a comisión de festas do Carme do Castelo, xunto co Concello da Pobra do Caramiñal; un evento que se retoma neste 2023 trala paréntese ocasionada pola pandemia e que reunirá máis de vinte
grupos que se espallarán por unha trintena de establecementos hostaleiros a partir das 20.00 horas.
No acto de presentación estiveron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente e tesoureiro da mencionada entidade, José María Abuín e Ricardo Santamaría, respectivamente; e Natalia Fernández e Paloma Fontán, en representación de Arrancadeira, asociación que colabora activamente.
Esta cita cultural chega no mes de marzo para infundi-lo espírito dun dos principais festexos do verán na localidade, servindo como antesala do Carme do Castelo. A edil anima a xente a asistir a unha xornada “chea de música, de bo ambiente, de diversión” e destaca o éxito de participación de agrupacións e locais nesta convocatoria.
Pola súa parte, José María Abuín transmítelle-lo seu agradecemento a tódalas partes implicadas neste Pasabares cos obxectivos de dinamiza-la vila, anima-lo ambiente e pór en valor o noso folclore.
Os grupos musicais que marcarán o ritmo son A.C. Pedra da Aroña, A Dorniña de Abanqueiro, Andavía, Arrancadeira, Caraveiros, Nunca é Tarde, Os Campantes da Baña, Os da Boina, Os Jaitas Blue, Os Liantes, Os Pequenos do Barbansa, Os Saljariteiros, Os Sentenarios, Pandeireteiras de Tahúme, Reviravolta, Rianxeiras da Covecha, Ruadiña, Rumbía, Río de Anxo, Suasebe da A.C. A Mámoa, De Lulou, Trécola, Vai de Roda e Xiada.

No que respecta aos bares, participan o 420, A Batea do Castelo, A Casa de Manuel, A de Rosa, A Kunka, Alameda, Anduriña, Bar Nuevo, Barquiña, Blue Moon, Bolera, Brisas, Canalejas, Casa Manolo, Don Miguel, Gelys, La Calle, La Cantina del Liceo, La Embajada, London, Mi Manda Picone, Miramar, Mordiscos, Náutico, O Curotiña, O Facho, O Galeón, O Malecón, Olimpo, Sisal, Tertulia no Laño e Verocca.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.