A Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de validar a Medida Municipal de Conciliación do Concello de Dodro, Bo Día Dodro, como “medida municipal de conciliación de promoción autonómica”.
Con data do 15 de febreiro de 2023 a Administración local presentou a solicitude de validación do proxecto Bo Día Dodro como “medida municipal de promoción autonómica” que finalmente completou con documentación achegada o día 27 de febreiro.
O Concello vai desenvolver dentro do seu ámbito territorial o dito proxecto a través das seguintes actividades:
-Escola de verán (xa operativa)
-Servizo de Madrugadores nos Centros Rurais Agrupados e no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro (posta en marcha para o vindeiro curso).
A obtención da validación permítelle ao Concello de Dodro participar nas convocatorias de axudas e subvencións que a Administración autonómica estableza para o efecto.




