O grupo socialista de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao aparcamento disuasorio de Agro de Prego, en Cubeliños, recentemente obxecto de mellorar cun pavimentado en aglomerado asfáltico que, segundo salientan os socialistas, presenta un bo acabado, xa que “permite o estacionamento dunha boa cantidade de vehículos”. Porén, o grupo indica que o aparcamento, “a disposición discrecional dos coches e sen unha norma a cumprir, provoca problemas de accesibilidade, e de bloqueo na entrada/saída, do recinto”.
En concreto, o rogo do PSOE de Ribeira ten o seguinte punto:
-Que por parte de quen corresponda, delegación de tráfico, urbanismo, ou alcaldía, se valore realizar a sinalización (marcado) horizontal das prazas de estacionamento no espacio mencionado, e do posíbel percorrido a efectuar, poñendo especial interese na zona de entrada/saída; co fin de mellorar o tráfico, a seguridade viaria, e a eficiencia do aparcadoiro.




