En Ribeira máis de 60 profesionais da cociña recibiron a homenaxe do concello no Día da Muller

08 Marzo 2023

Máis de 60 profesionais da cociña do noso municipio participaron esta tarde no acto de homenaxe ofrecido polo Concello de Ribeira con motivo do Día Internacional da Muller: un acto que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e que contou tamén coas intervencións de Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade; e de Lucía Freitas, a coñecida chef dos restaurantes A Tafona e Lume, con dous soles Repsol e unha estrela Michelín.
O evento tivo lugar nun abarrotado salón de plenos e foi introducido polas novas pianistas Xulia Rivas e Andrea Arevalillo coa peza “Colors of the wind”. Acto seguido, a concelleira de Servizos Sociais compartiu algúns reveladores datos como que o 55% das persoas que traballan nas cociñas dos restaurantes son mulleres, pero que estas representan tan só o 9,2% das estrelas Michelín.


Falou palabra a continuación Lucía Freitas, quen ademais de explicar a súa vinculación co noso muncipio (veraneou de nena en sitios como Corrubedo ou Palmeira e pronto será veciña de Castiñeiras), loou a rula de Ribeira como a mellor de Galicia pola calidade dos seus produtos. Ademais, describiu como foi evolucionou profesional da restauración ata chegar a alta cociña (“só se chega se mamaches antes a cociña tradicional”, dixo) e introduciu un pequeno vídeo co que quixo describir como é a realidade do día a día dun restaurante.
Lucía Freitas tamén falou do seu proxecto “Amas da terra”, destinado a empoderar ás mulleres vinculadas coa gastronomía en Galicia e que está impulsar aquí logo de ser partícipe doutra iniciativa en Xapón denominado WIG (Women in Gastronomy).
A continuación tivo lugar o acto de entrega de diplomas e uns agasallos (un obsequio de Sargadelos e outro elaborado pola especialidade de redes do obradoiro de emprego Tahume VIII) ás cociñeiras presentes e para continuar e pechar a rolda de intervencións co encontro tomou a palabra o alcalde Manuel Ruiz, quen significou neste 8-M que, a pesar do moitísimo que se ten avanzado, as mulleres teñen moitas cousas que facer e seguir reivindicando. Tamén salientou o importante do traballo das profesionais da hostalería e a restauración para poñer en valor os produtos do mar, fonte de riqueza para este Concello.
O acto finalizou cunha foto de familia nas escalinata do hall do Consistorio e a degustación dunhas galletiñas elaboradas pola especialidade de cociña do citado Tahume VIII.
Por outra parte, hai que recordar que dende as 20.30 horas está tendo lugar no Auditorio a función “Papagena”. Trátase dunha ópera contemporánea de Iago Hermo en clave de igualdade con participación da soprana Esperanza Mara que forma parte tamén dos actos conmemorativos do 8-M.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.