“A pesca de arrastre dinamiza as comunidades costeiras”. Antón Luaces

08 Marzo 2023

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, recoñeceu o papel do sector da pesca de arrastre como garante do abastecemento alimentario e como vertebrador  do desenvolvemento económico das comunidades costeiras nas que se asenta.

Foi no decurso da xuntanza que mantivo o martes en Madrid cos representantes da pesca de arrastre do Cantábrico e Noroeste, con quen abordou os principais retos de futuro aos wue se enfronta o sector, trasladándolles unha mensaxe de tranquilidade ante a incerteza xerada no sector pola recente publicación por parte da Comisión Europea do plan de acción para a conservación dos recursos pesqueiros e protección dos ecosistemas mariños. Lembróulles tamén que o contido deste plan non ten vencellamento nese senso por canto se trata de propostas que deberán ser debatidas nas distintas institucións comunitarias antes de se converter. Nol seu caso, nunha proposición lexislativa.  

Reiterou Isabel Artime que non comparte a formulación xeral deste plan de acción debido a que o mesmo carece dun enfoque equilibrado e non ten en conta a dimensión socioeconómica da actividade pesqueira.

Tamén se tratou neste encontro das medidas postas en marcha polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) así como as medidas que España puxo en marcha nos últimos anos para millorar o coñecemento dispoñible sobre os cetáceos e as súas interaccións coas actividades pesqueiras, ao igual que para a implementación  de medidas que reduzan os efectos.

España defende, segundo Isabel Artime, que o millor coñecemento científico debe ser a base para a toma de decisións e, ao mesmo tempo, han valorarse  as repercuións socioeconómicas ligadas a cada un dos escenarios que formulan os informes científicos.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.